El órgano competente encargado de tramitar y realizar el seguimiento de las solicitudes de acceso a la información en la Diputación es do Negociado de Transparencia
Enderezo:

Edificio do Pazo Provincial Rúa do Progreso nº 32, 32003 Ourense.

Teléfono:

988 317 605

Responsable:

D. Francisco José Cougil Hermida

Correo electrónico:

transparencia@depourense.es

Datos do interesado







Datos do representante







(1) Se o NIF é de persoa física, deberá informar dos campos nome e primeiro apelido. Se é de persoa xurídica, da razón social..

Departamento de destino *:


[recaptcha]


Preguntas frecuentes sobre a petición de información pública

A continuación, toda a información relacionada co dereito de acceso á información pública:

Todos os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu soporte ou formato, que consten en poder da Administración e que fosen elaborados ou adquiridos no exercicio das súas funcións.

O dereito de acceso á información está suxeito a certos límites que teñen como obxectivo protexer outros intereses lexítimos que poden quedar desprotexidos. É dicir, os límites existen para protexer información que non debe ser pública porque se o fose podería afectar a outros intereses privados ou públicos. .

Estes límites están taxados na lei e son os seguintes::

  • A seguridade nacional
  • A defensa
  • As relacións exteriores
  • A seguridade pública
  • A prevención, investigación e sanción dos ilícitos penais, administrativos ou disciplinarios
  • A igualdade das partes nos procesos xudiciais e a tutela xudicial efectiva
  • As funcións administrativas de vixilancia, inspección e control
  • Os intereses económicos e comerciais
  • A política económica e monetaria
  • O segredo profesional e a propiedade intelectual e industrial
  • A garantía da confidencialidade ou o secreto requirido en procesos de toma de decisións
  • A protección do medio

Para solicitar información xeral e especializada sobre os servizos públicos da súa provincia e a xestión de determinados trámites administrativos, debe facelo mediante o Rexistro Xeral da Deputación.

Se o que desexa é coñecer o estado de tramitación de calquera expediente administrativo no que vostede teña a condición de interesado, pode facelo a través do “Servizo de consulta de expedientes”, na web institucional da Deputación ou ben contactar directamente coa unidade xestora do procedemento.

A presentación da solicitude pódese realizar por medios electrónicos, a través do Portal de Transparencia ou presencialmente na súa oficina de rexistro máis próxima.

Para isto unicamente debe cubrir o formulario publicado neste portal, indicando a información á que quere ter acceso e a forma na que desexa recibila, xa sexa a través do sistema de notificacións telemáticas da provincia ou mediante correo postal certificado.

O procedemento para o exercicio do dereito de acceso á información pública axustarase ao disposto nos artigos 17 a 20 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, que resumidamente establece os seguintes trámites:

  1. Se a solicitude se refire a información que non conste en poder do suxeito ao que se dirixe, este remitiraa ao competente, se o coñecese, e informará desta circunstancia ao solicitante.
  2. Cando a solicitude non identifique de forma suficiente a información, pediráselle ao solicitante que a concrete nun prazo de 10 días, con indicación de que, en caso de non facelo, teráselle por desistido, así como a suspensión do prazo para ditar resolución.
  3. Se a información solicitada puidese afectar a dereitos ou intereses de terceiros, debidamente identificados, concederáselles un prazo de 15 días para que poidan realizar as alegacións que estimen oportunas. O solicitante deberá ser informado desta circunstancia, así como da suspensión do prazo para ditar resolución ata que se recibisen as alegacións ou transcorrese o prazo para a súa presentación.

A Oficina de Transparencia terá encomendadas as seguintes funcións:

a. A coordinación en materia de información para o cumprimento das obrigas establecidas na normativa de transparencia, reunindo a información necesaria dos diferentes departamentos, que deberán colaborar activamente con esta no exercicio das súas funcións.

b. A tramitación das solicitudes de acceso á información pública

c. O asesoramento ás persoas para o exercicio do dereito de acceso e a asistencia a aquelas na busca de información, sen prexuízo das funcións que teña atribuídas outras unidades administrativas.

d. A elaboración dos informes en materia de transparencia e dereito de acceso á información pública.

e. A difusión da información pública creando e mantendo actualizados enlaces con direccións electrónicas a través das cales poida accederse a ela.

f. As demais que lle atribúa o ordenamento xurídico e todas as que sexan necesarias para asegurar a aplicación das disposicións da citada ordenanza.

O órgano ao que se lle solicita unha información cuxa publicación considera que pode prexudicar a algún dos límites deberá valorar se, efectivamente, se produce un dano se se prové esa información. Esta valoración deberá ser ponderada e proporcionada.

Igualmente, concederase, de ser o caso, audiencia a aqueles cidadáns ou aquelas cidadás cuxos dereitos ou intereses lexítimos puidesen verse afectados pola solicitude de acceso á información realizada.

Se a información solicitada contivese datos especialmente protexidos, o acceso unicamente poderá autorizarse en caso de que se contase con consentimento expreso e por escrito do afectado ou afectada.

Nos casos nos que se solicite información na que parte desta estea sometida a algunha causa de límite do dereito, admitirase parcialmente a solicitude e indicarase ao solicitante a información que foi omitida.

Si, pode presentalo en calquera das oficinas de rexistro da provincia ou doutras administracións públicas.

A lei establece unha serie de supostos de denegación ao acceso: que a información solicitada se estea elaborando ou vaia ser publicada no Portal de Transparencia; que a información sexa de carácter auxiliar ou de carácter interno; a provincia no sexa competente na materia ou que a petición teña un carácter abusivo non xustificado ou sexa manifestamente repetitiva.

Pode presentar potestativamente, no prazo dun mes contado desde o día seguinte á notificación da denegación, unha reclamación ante o Tribunal Administrativo de Contratación Pública; ou ben, pode acudir á Xurisdición Contencioso-Administrativa no prazo de dous meses.

A lei establece un prazo máximo dun mes desde que a solicitude ten entrada no rexistro do órgano que posúa a información. Na medida do posible, as solicitudes resolveranse coa maior brevidade.

Este prazo pode verse suspendido nunha serie de casos:

  • Se non se identifica correctamente a información solicitada, requirirase ao solicitante para que concrete a petición. Para isto outorgarase un prazo de 10 días, durante o cal queda suspendido o prazo para resolver. Se o interesado non contesta, entenderase que desiste da súa pretensión.
  • Cando da petición de información poidan verse afectados dereitos e intereses lexítimos de terceiros, haberá que darlles audiencia para que presenten as alegacións que estimen oportunas. Neste caso, o prazo para presentar alegacións é de quince días. Suspéndese o prazo para resolver ata que o posible afectado alegue ou ata que transcorra os quince días, o que antes suceda.
  • No caso de que a información solicitada sexa complexa ou moi voluminosa, o prazo para resolver, poderá aumentar nun mes máis. Esta circunstancia será comunicada ao interesado.

A lei establece un sentido negativo ao silencio administrativo neste procedemento, é dicir, e non recibe contestación debe entender denegada a súa petición.



BOP de la provincia

Consulta nuestro boletín oficial aquí

Atención ciudadana

P

¿Tiene alguna consulta o queja?
Rellene este formulario.

¿No lo encuentras?

¿No lo encuentras? pregúntanos…
Rellene este formulario.

Sede electrónica

_

¿Desea realizar algún trámite administrativo? Pinche aquí.