Saúdo do Presidente

 

Benvidos ao portal da Transparencia da Deputación de Ourense, unha canle bidireccional onde a inmediatez, a celeridade e a sinxeleza se converten nunha premisa de funcionamento e na que entre outras novidades incorporadas recentemente poderá seguir a retransmisión en directo dos plenos, das comisións informativas, do sorteo dos membros dos tribunais das probas de acceso ao emprego público, das aperturas de plicas das mesas de contratación, da "vídeo-acta"…. 


Este portal é unha  ferramenta onde compartir toda a información posible coas veciñas e veciños, dando continuidade á filosofía que guiou tamén o apartado de "preguntas ao presidente" na web (compromiso de resposta nun tempo inferior a cinco días), ou a APP para dispositivos móbiles da Deputación Provincial de Ourense. 


Dende o Goberno Provincial facemos unha  aposta irrenunciable pola transparencia, unha andaina sen volta atrás, recoñecida nacional e internacionalmente, como proban os índices de Transparencia Internacional e doutras institucións. A Deputación de Ourense foi a primeira en aprobar un código ético e de conduta, e nesa mesma liña de vangarda, o ente provincial aprobou tamén a primeira ordenanza de transparencia dun goberno provincial en España.


Entendemos que a dixitalización das administracións e fundamental para favorecer a participación cidadá, a rendición de contas e a transparencia , no reto de estar á vangarda e converter a nosa institución nunha referencia no ámbito da transparencia e do goberno aberto.

Manuel Baltar