Retribucións por asistencia a plenos, comisións e axudas de custo

Sinálanse as seguintes indemnizacións e compensacións para os membros corporativos, de conformidade co disposto no artigo 75 da Lei 7/1985, reguladora das bases de réxime local, e no artigo 13 do Regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das entidades locais, de 28 de novembro de 1986.

a) Asistencias: Considerando que non se retribúe, agás nos casos de dedicación exclusiva ou parcial, a actividade ou dedicación dos membros corporativos, necesaria para o desempeño do seu cometido, regúlase o réxime de asistencias na seguinte forma e contía:

  • Por cada asistencia a sesión do Pleno, 280,00 euros, cun máximo dunha percepción por mes.
  • Por cada asistencia a órganos colexiados diferentes do Pleno, 140,00 euros.
  • Por cada asistencia á reunión previa ás comisións informativas, que celebre cada grupo político, cun máximo de unha percepción ó mes, 140,00 euros.

 

b) Axudas de custo: Por asistir a actos de xestión ou representación provincial, aboaranse os gastos xustificados e no seu defecto, conforme a lo exposto no Real Decreto 462/2002, de 24 de maio, sobre indemnización por razon do servizo:

Grupos Por aloxamento Por manutención Dieta enteira
Grupo I 92,31 € 48,01 € 140,31 €
Grupo II 59,38 € 33,66 € 93,04 €
Grupo III 44,03 € 25,39 € 69,42 €

c) Asignacións ós grupos políticos na corporación: De conformidade co disposto no artigo 73.3 da Lei 7/1985, reguladora das bases do réxime local, aboaráselle a cada grupo político con representación na Corporación Provincial as seguintes asignacións:

  • Compoñente fixo: 900,00 € mensuais a cada grupo.
  • Compoñente variable: 900,00 € mensuais por cada deputado.

 

Os grupos políticos terán dereito ao uso dun local no Pazo Provincial, dotado de mobiliario e enerxía eléctrica. Os restantes gastos de funcionamento, tales como material de oficina e gastos de teléfono e de correspondencia, serán de conta de cada grupo. No caso dos gastos telefónicos e de conexión a Internet, de ser estes soportados pola Deputación, deducirase a súa contía nas liquidación mensuais da subvención ao grupo.

Os grupos políticos non poden destinar as subvencións que perciban a aboar remuneracións do persoal que preste servizos na Corporación, nin á adquisición de bens que poidan constituír activos fixos patrimoniais. Os grupos deberán levar unha contabilidade específica na que figuren as subvencións percibidas e os gastos ás que estas se destinen, contabilidade que estará a disposición do Pleno da Corporación cando este a solicite”.

d) A Deputación Provincial porá a disposición dos grupos políticos medios persoais para a realización de funcións de apoio, de confianza política e asesoramento especial, de conformidade coas seguintes regras:

  • A Deputación Provincial procederá á designación do dito persoal en réxime de persoal eventual, conforme co disposto no artigo 104 da Lei de bases de réxime local. O nomeamento será efectuado pola Presidencia a proposta dos grupos políticos, subscrito polo portavoz de cada grupo. A dita proposta terá carácter vinculante para a Presidencia, excepto no suposto en que recaia nunha persoa na que concorra calquera causa legal que impida o seu nomeamento.
  • O cese dos funcionarios eventuais será automático coa conclusión do mandato. Así mesmo a Presidencia poderá acorda-lo seu cese en calquera momento previa proposta do grupo político correspondente, que terá carácter vinculante.
  • Os postos de persoal eventual ó servizo dos grupos políticos recolleranse na Relación de Postos de Traballo e no Anexo de Persoal dos Orzamentos, coas características seguintes:

 

Os postos de técnico medio se asimilarán ao subgrupo A2, con nivel 26 de complemento de destino e un complemento específico de 14.396,48 € anuais.

Os postos de administrativo se asimilarán ao subgrupo C2, con nivel 19 de complemento de destino e un complemento específico de 12.033,14 € anuais.

O Grupo Popular disporá de tres técnicos medios e catro administrativos.

O Grupo Socialista disporá de dous técnicos medios e dos administrativos.

O Grupo de Democracia Orensana disporá de dous técnicos medios.

O Grupo do BNG disporá dun técnico medio e un administrativo.

Non obstante o anterior, un dos postos de técnico medio ao servizo do Grupo Socialista terá a consideración de persoal laboral fixo, podendo seguir sendo desempeñado polo persoal laboral indefinido existente ou, de se –lo caso, polo persoal laboral interino que o substitúa, ata tanto se regularice a situación deste posto de conformidade coa lexislación vixente”.

e) Dedicacións exclusivas: desempeñaranse en réxime de dedicación exclusiva os seguintes cargos da Corporación:

e.1) A Presidencia da Deputación Provincial, con retribución íntegra mensual de 5.166,09 € en 14 pagas.

e.2) A Vicepresidencia 2ª da Deputación Provincial, con retribución íntegra mensual equivalente á dun director xeral da Comunidade Autónoma.

e.3) A Presidencia do INORDE, con retribución íntegra mensual de 3.916,92 euros. As retribucións correspondentes aos cargos sinalados nos apartados e.1), e.2) e e.3) serán en todo caso renunciables por parte dos seus titulares, sen prexuízo do cal manterase o dito réxime de dedicación exclusiva. Os cargos en réxime de dedicación exclusiva que non perciban retribucións neste concepto terán dereito ao cobro das axudas de custo e indemnizacións por asistencia aos órganos colexiados da entidade á que, en cada caso, presente servizo.

e.4) Poderán exercerse en réxime de dedicación exclusiva ou parcial, nos termos previstos na presente base, os cargos de portavoz e/ou coordinador dos grupos políticos. Para estes efectos, e dentro dos límites máximos sinalados nesta base, os grupos políticos, mediante escrito asinado polo seu portavoz titular, determinarán os cargos con dereito a retribución e nomearán ás persoas que os desempeñarán. Para a súa eficacia, os acordos dos grupos deberán ser ratificados por resolución da Presidencia, que unicamente poderá denegar a ratificación no caso de que o acordo do grupo político infrinxa as presentes bases ou non se axuste a Dereito. A resolución da Presidencia deberá ditarse e notificarse ao grupo no prazo máximo dun día hábil dende que o escrito do grupo tivese entrada no rexistro xeral da Deputación, entendéndose outorgada por silencio administrativo en caso contrario, conforme ás normas xerais en materia de procedemento.

Os grupos políticos definirán de xeito discrecional os cargos con réxime de dedicación exclusiva ou parcial, podendo asignala tanto ao portavoz titular como aos seus suplentes ou adxuntos, e tanto aos cargos con funcións de coordinación xeral como a cargos de apoio ao coordinador xeral ou de coordinación en materias ou asuntos concretos. Os límites aplicables son os seguintes:

  • Grupo Popular: 2 dedicacións exclusivas e 2 dedicacións parciais ao 75 %.
  • Grupo Socialista: 1 dedicación exclusiva e 2 dedicacións parciais ao 75 %.
  • Non existirán cargos con dedicación nos Grupos de Democracia Orensana e do BNG. Cada cargo en réxime de dedicación exclusiva terá unha retribución de 41.000 euros brutos anuais. Os cargos en réxime de dedicación parcial terán a retribución que proporcionalmente lles corresponda.

 

f) Retencións polo I.R.P.F.: A retención a practicar polo I.R.P.F. por asistencias a órganos colexiados, será o resultado de aplicar ás retribucións percibidas o tipo fixado na táboa xeral, tendo en conta a situación familiar existente o primeiro día do período impositivo, porcentaxe que non poderá ser inferior ó 15 por cento. Calcúlase a contía das devanditas retribucións elevando ó ano a percibida o primeiro mes do ano natural, cantidade que se presume non inferior á percibida polo mesmo concepto durante o ano anterior.



BOP de la provincia

Consulta nuestro boletín oficial aquí

Atención ciudadana

P

¿Tiene alguna consulta o queja?
Rellene este formulario.

¿No lo encuentras?

¿No lo encuentras? pregúntanos…
Rellene este formulario.

Sede electrónica

_

¿Desea realizar algún trámite administrativo? Pinche aquí.